lecto

Unha aula diversa, materiais á medida

Materiais adaptados a cada alumno en poucos minutos: ferramentas de nova xeración para atender a diversidade na aula, aforrar tempo aos docentes e acelerar a aprendizaxe de todo o alumnado.

Abrimos lecto aos poucos. Apúntate e escribirémosche cando sexa a túa quenda.

  • Cada alumno, o que precisa

    A mesma lectura para toda a clase, adaptada a quen ten dislexia, a quen precisa lectura fácil ou apoio visual e a quen pode ir máis alá. Todos traballan o tema de todos.

  • Máis tempo para ensinar

    O que antes era unha tarde adaptando fichas agora son poucos minutos, a partir do material que xa usas: un libro, un PDF, unha páxina web.

  • Ti tes a última palabra

    Cada ficha edítase na mesma folla: revisas, cambias o que faga falta e imprímela, co solucionario á parte.


En papel

A pantalla é para ti. Os alumnos traballan en papel.

Despois duns anos de tabletas e plataformas, as aulas volveron ao libro e ao caderno. Estas ferramentas non poñen ningunha pantalla diante dos alumnos: prepáranche as fichas, e na clase fanse con lapis, na mesa, como sempre.

  • Listo para imprimir

    Fichas DIN A4 pensadas para a impresora e a fotocopiadora do centro.

  • Na mesa, con lapis

    Ler, escribir, recortar, pegar e rodear. Nada que se toque co dedo.

  • Sen contas para os alumnos

    Os alumnos non entran en ningures: nin usuario, nin contrasinal, nin tempo de pantalla.

Unha soa clase, moitas necesidades

A mesma ficha, adaptada a cada alumno: lectura fácil, dislexia, apoio visual ou lingüístico, reforzo ou ampliación. Todos len o tema de todos, e cambias todo na mesma folla antes de imprimir.

Sé dos primeiros.

Abrimos lecto aos poucos. Apúntate e escribirémosche cando sexa a túa quenda.